No marco das Xornadas "Combater os discursos do odio" trading the forex contamos coa presencia de Txema Santana, Houssien El Ouariachi e Natalia Monje. Tivemos a sorte de facer un programa de radio no estudio da Facultade de Ciencias da Comunicación que vos invito a escoitar no enlace.
Tamén tivemos xente da terra, de orixe ou de vida. ¡¡Moi interesante escoitalas a elas!!
Rematamos as xornadas cun coloquio na Facultade de Filosofía que resultou moi autocrítico e sacamos conclusións para a nosa acción e capacidade de diálogo.
Graciñas a eles!!! Por orde: Houssien, Natalia Monje e Txema Santana.
Rede Galega en apoio ás persoas Refuxiadas
venres, 15 de novembro de 2019
domingo, 22 de setembro de 2019
Boza! Boza! Boza! Encontro con Monseñor Santiago Agrelo o martes 24 en Compostela
Desde a Rede de Apoio ás persoas refuxiadas esiximos unha política de inmigración e refuxio acorde co respecto aos dereitos humanos.
Entre as medidas necesarias, salientamos:
1.- Reforma rápida e efectiva da actual Lei de Estranxeiría.
2.- Políticas
de Fronteiras, que
establezan como principio básico a defensa da vida das persoas migrantes ou
refuxiadas.
3.-Compromiso de posta
en práctica de políticas decididas
contra as actuacións e as ideoloxías que tentan estender o racismo e a
xenofobia.
4.-Concreción práctica
e efectiva, mediante un regulamento claro, do decreto para devolver a
atención sanitaria ás persoas migrantes
en situación de irregularidade administrativa.
5.- Políticas de
asilo e refuxio que garantan o
cumprimento dos dereitos humanos. Esiximos que se resolvan de xeito rápido e efectivo as solicitudes de protección do Estado Español.
6.-Eliminación dos
campos de persoas refuxiadas en Europa e
dos acordos internacionais da UE que externalizan de forma lamentable o
control das fronteiras, provocando
decenas de miles de mortes.
O martes 24 de setembro ás 20h convocamos a un encontro con Monseñor Santiago Agrelo que nos traerá a realidade da fronteira sur.
Santiago Agrelo é nomeado Arcebispo de Tánxer polo Papa Benedicto XVI o 11 de abril
de 2007. Este feito na súa vida foi unha “revolución”. Tras 12 anos chega a xubilación e actualmente reside en Compostela. Santiago Agrelo
sente unha débeda co vivido en Marrocos, coas persoas acollidas, coas persoas
que non puideron ser acollidas, con todos eses mozos, mulleres e nenos que
morreron cruzando cara Europa, coas persoas que aínda continúan alí agochadas, á espera dunha oportunidade… e por iso, denuncia con forza as
responsabilidades políticas.
Temos, nós e el, VERGONZA, por vivir nunha España
na que os políticos, os medios de comunicación e os cidadáns non nos empeñamos
por rematar coa vulneración dos dereitos humanos das persoas migrantes, na
frontera sur e nas fronteiras interiores que todos os días atopan.
xoves, 20 de xuño de 2019
COMENZA ACAMPA !!-20xuño- A Coruña
Hoxe comeza ACAMPA en A Coruña , é unha iniciativa cidadana sen fines de lucro integrada por colectivos sociais, culturais, educativos, veciñais, políticos, sindicais, artísticos, de persoas solidarias, de institucions empresas con responsabilidade social.
Ten coma obxetivo a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito á Refuxio. Promove á participación a a implicación.
Abre un espazo de encontro para buscar respostas colectivamente. Profundiza nas causas dos acontecementos, para contrastar a información.
acceso ao programa completo aquí
video 2018 aquí
é unha iniciativa da Plataforma das ONGs,
organizacions e persoas que conforman
Coruña Contra la Guerra
20 ao 23 de Xuño de 2019
Jardines de Méndez Núñez - A Coruña
Jardines de Méndez Núñez - A Coruña
domingo, 16 de xuño de 2019
GALA SOLIDARIA "DESTERRADOS"- 16 xuño. Santiago
Gala benéfica en favor de Proactiva Open Arms
O domingo 16 de xuño diversos artistas
compartirán o seu traballo de xeito altruísta para “axudar a quen axuda”. O
Acto vai ter lugar a partir das 20hs no Teatro Principal de Santiago, será
presentado por Carmen Conde e participarán os seguintes artistas: Tato López
& Cía, Tanxugueiras, Marcos Teira & Ton Risco (flamenco), Barullo
Tango, Konafro (percusión africana) o Coro da Rá, Vero Rilo, Luz Fandiño,
Angeles Goás e Avelino González.
Toda a recaudación será destinada a “Proactiva Open Arms”, unha
ONG que traballa activamente salvando vidas no Mediterráneo e nos campos de refuxiad@s. A entrada e libre pero se pide unha
aportación voluntaria e consciente. Tamén habilitouse unha “fila 0” coa que
todo o mundo pode participar nesta causa solidaria ainda que non poida asistir
físicamente: ES3714910001293000076060.
A iniciativa xorde do cantautor Tato López, compositor
da canción "Desterrados", que desde o comezo tivo a intención de
que o seu tema servise para visibilizar o problema d@s desterrad@s e axudar, dalgún modo, a
resolvelo. Hai un ano, sumou ao compositor e pianista Alejandro Vargas,
que resultou autor dos arranxos.Convocaron tamén a outros músicos e alumnos do
Conservatorio Profesional de Música de Santiago e a canción quedou gravada.
Tato López e colaborador da “Rede Galega de Apoio a
Persoas Refuxiadas” e levou a súa proposta unha vez que todo estivo listo. Coa
vontade de facer rede e sumar esforzos, contactou co resto de artistas que
participan da Gala.
Será unha noite única e máxica pola posibilidade de
axudar, e tamén pola xuntanza no escenario de artistas tan diversos. Unha noite
tinguida pola música, a palabra e o compromiso con quen nos necesita.
vos esperamos!!
entrevista a Alejandro Vargas
pianista e escritor
accede ao video aquí
Ángeles Goas,
contadora
accede ao video aquí
Máis
información e contacto:
Tato López:
617 935 073
Rede Galega
de Apoio a Persoas Refuxiadas: 662307019 (Miguel)
SEMANA DA INTEGRACIÓN - 12 ao 21 xuño. Santiago
A Universidade de Santiago de Compostela celebra entre os días 12 e 21 de xuño a Semana da Integración, no marco do proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA que coordina o Servizo de Relacións Exteriores da USC. O obxectivo deste proxecto é promover o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida.
A Semana da Integración arrancou mércores 12 de xuño ás 20:00 horas coa inauguración da Exposición PERSOAS, de Patricia Muñiz e Gabriel Tizón, na Sala de Artesoado do Colexio de Fonseca. A mostra permanecerá aberta desde o 12 de xuño ata o 13 de xullo de 2019.
O xoves 13 tivo lugar a mesa redonda ‘Encontro’, coa participación dunha serie de mulleres que, a través da súa experiencia directa ou de apoio a outras, amosaron a situación da solicitante de asilo e refuxiada, dando visibilidade á súa problemática específica e explorando horizontes de cooperación para a súa integración na sociedade de acollida. Esta actividade, programada para as 19:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, estivo moderada pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo Moledo. A actividade contou coa participación da presidenta do Grupo Parlamentario Saharaui no Parlamento Africano, Suelma Beiruk; a encargada de SAWT, asociación sirio-galega en pro das persoas refuxiadas sirias en Galicia, Fadile Tibisay, e Katherin A. Belgrave, solicitante de asilo procedente de Venezuela.
Durante a segunda semana do evento, o día 18 de xuño, terán lugar as conferencias ‘Xeopolítica e refuxiados ambientais: un encontro cara ao desastre’ impartida por José Julio Fernández Rodríguez, director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) da USC, e ‘Intervencións sanitarias en rescates de misións humanitarias en Frontex (Axencia Europea de Fronteira e Costas)’ a cargo de Miguel Ángel Iglesias Blanco, capitán enfermeiro da Garda Civil e xefe do Servizo de Asistencia Sanitaria da Comandancia de Lugo.
O elenco de actividades pecharase o venres 21 coa conferencia ‘Haití, terra de loita e vulnerabilidade’, impartida por Ana Isabel Martín, arquitecta especialista en cooperación internacional e colaboradora en diferentes ONGs coma Cruz Vermella e Arquitectura sen Fronteiras, e Michael Salvini, experto en Relacións Internacionais e cooperante na reconstrución de Haití. A este relatorio seguiralle a mesa redonda ‘Desde a realidade’ coa participación engadida de Patricia Muñiz, arquitecta especialista en vivendas para refuxiados e desprazados internos, e Gabriel Tizón, fotógrafo con máis de 20 anos de experiencia reflexando as realidades máis próximas do ser humano. Nesta sesión proxectarase ademais o documental ‘El Sueño Europeo: Serbia’, producido polo xornalista independente, especializado en Dereitos Humanos e realizador Jaime Alekos.
A Sala Numax acollerá tamnén una ciclo de cine, composto tanto por filmes de ficción e documental, todos eles sobra a realidade das persoas refuxiadas.
acceso ao programa completo aquí
I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS- 8 xullo -TAPIA ( Concello de Ames)
Asociación de Sirios en Galicia junto coa Asociación Vivo en Ames organizaron o I ENCONTRO COAS FAMILIAS REFUXIADAS en Galicia.
Organizouse a Festa do final do Ramadán ou Eid Firt Said xunto coas familias sirias que veñen xunto a nós dende Lugo da man da ong Diaconía.
O evento foi aberto a todas as persoas que quixeron achegarse a participar con eles da sua celebración.
Celebrouse na praia fluvial de Tapia desde as 12 da mañá, con xogos infantils,paiasos,conta contos,música...
noraboa por esta estupenda iniciativa!
CIRCULO DO SILENCIO- 7 XULLO. Santiago de Compostela
Como cada primeiro noves do mes , quedamos na Praza de Cervantes as 20:00h para lembrar as máis de 35.000 pessoas mortas no Mediterráneo , para chamar a atención sobre como as políticas migratorias de España e a UE seguem violando os Direitos Humanos e a lexislación Internacional, segue matando persoas.
Os Círculos de Silencio comenzaron en Toulouse a finas de 2007 e actualmente reúnen en Francia a unhas 10.000 persoas de distinta procedencia, en máis de 170 cidades unha vez ao mes. Os círculos pretenden reimplementar unha cultura nonviolenta a través dunha acción accesible a todo o mundo, nunha actitud de respeto frente ao que sufre, e coa mirada en minar o apoyo da sociedad a estas leis inxustas.
Se convoca a todas aquelas persoas que ven a necesidades de unirse para enfrentarse a unhas leis que están machacando a dignidade das personas inmigrantes.
Más información sobre os Círculos do Silencio aquí
"PERSOAS" EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA- SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os desprazamentos involuntarios da poboación son o exixo condutor da estupenda exposición xa inaugurada en Fonseca. Tratase de fotografías tomadas por Patricia Muñiz e Gabriel Tizón nos últimos quince anos en viaxes que fiestas por Europa, África y Asia. Poderá visitarse ata o 13 de xullo.
más información sobre a expo e a fotografía de Gabriel Tizón aquí
más información sobre a expo e a fotografía de Gabriel Tizón aquí
domingo, 26 de maio de 2019
O NOSO VOTO É IMPORTANTE- REFLEXIONEMOS NO 26M
Desde a Rederefuxiadas queremos invitar a reflexión antes de votar hoce aos nosos parlamentarios e parlamentarias da UE.
Queremos lembrar que Europa leva tres anos VIOLANDO:
- A Carta Internacional dos Dereitos Humanos,
- A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE,
- A Convención Europea sobre Dereitos Humanos e
- A Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como
- Diversas directivas de asilo europeas.
Queremos lembrar que Europa leva tres anos VIOLANDO:
- A Carta Internacional dos Dereitos Humanos,
- A Carta dos Dereitos Fundamentais da UE,
- A Convención Europea sobre Dereitos Humanos e
- A Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como
- Diversas directivas de asilo europeas.
Aquí tedes a comparativa dos programas electoras feito por CEAR, a COMISIÓN ESPAÑOLA DE AYUDA AL REFUGIADO- LEER O INFORME COMPLETO AQUÍ
aqui redes un cuadro comparativo dos detalles :
Lembramos O NOSO MANIFESTO do 26 FEB, no aniversario do peche de fronteiras:
Os setenta colectivos que integran a Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas esiximos que España deixe de violar os Dereitos Humanos e de incumprir a lexislación internacional.continuamos coa campaña 'Non no noso nome', coa seguridade de que esta terrible situación soamente cambiará cunha presión social que obrigue ao Goberno a tomar medidas inmediatas en materia de acollida e a cambiar a lexislación.
España está violando a Carta Internacional dos Dereitos Humanos, a Carta dos Dereitos Fundamentais da UE, a Convención Europea sobre Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra sobre Refuxiados, así como diversas directivas de asilo europeas.
Temos tamén que recordar que Europa, ao incumprir o artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, negando o dereito ao asilo/refuxio, e prohibindo a entrada ás persoas que migran fuxindo da guerra, conseguiu facer do Mediterráneo a maior foxa común do mundo, na que xa perderon a vida máis de 25.000 persoas.
Pedimos tamén a dimisión do Ministro do Interior pola incompetencia do Goberno Español para cumprir o ridículo acordo coa UE de acoller soamente a 17.387 persoas, das que en 3 anos anos soamente chegaron 2.431 dun total de 4.815.868 só de refuxiados sirios.
Consideramos tamén importante resaltar o inadmisible papel de España incumplindo tamén da lei dentro das nosas fronteiras: O internamento ilegal de migrantes en cárceres, CIES onde se violan sistemáticamente os seus dereitos máis básicos. As devolucións en quente contra as que xa dictou sentencia o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ,confirmando xa o pasado més de Outubro que as expulsións inmediatas levadas a cabo en Melilla violan o Convenio Europeo dos Dereitos Humanos.
Solicitamos o inmediato levantamento das fronteiras interiores, que día a día pon trabas violando os dereitos básicos dos nenos cando lles negamos acceso as axudas que necesitan para a súa escolarización, ou cando discriminamos aos migrantes do sistema sanitario, con numerosos casos nos que se lles negou a asistencia de maneira ilegal, pois lembremos que os nenos , as embarazadas e nas urxencias teñen dereito por lei.
É totalmente inadmisible que exisamos que unha persoa migrante teña soamente un mes de prazo para regularizar administrativamente a súa situación desde que cruza a fronteira, e a lista de espera para poder formalizar os papeis sexa na actualidade de un mes e quince días. Exiximos que se tomen medidas inmediatas por parte da Xunta de Galicia e por parte do Goberno de España para que se deixe de incumplir a lei no noso nome.
Queremos agradecer o apoio nesta concentración de Amnistía Internacional, do seminario Galego de Educación para a Paz, Médicos do Mundo , de Somos Refuxio do Barbanza e das Marchas da Dignidade.
Pedimos a participación activa de toda a sociedade dándolle difusión a esta terrible realidade, apoiando as campañas de sinaturas on line e asistindo ás mobilizacións e concentracións.
'NON NO NOSO NOME '!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)